martes, 16 de febrero de 2016

CURSO DE FOTOGRAFÍA

Unha vez máis dirixímonos a todos/as pais e nais, coa fin de poñer en coñecemento a data de comezo do curso de fotografía organizado dende a ANPA.

Este impartirase todos os martes de 17.00 h a 18.00 h dos meses de marzo, abril e maio de 2016, dando comezo o vindeiro 1 de marzo.

O precio será de 15 euros/mes para os/as socios/as da ANPA, e de 20 euros/mes para o resto.
Sen máis asuntos que tratar, un saúdo.
A DIRECTIVA


No hay comentarios:

Publicar un comentario