jueves, 24 de marzo de 2016





BOCADILLOS

Dende o martes 29 de marzo, poñerase á venda no instituto, na hora do recreo, bocadillos de queixo, chourizo e salchichón.
O prezo será de 1 euro.
A finalidade é recadar fondos para a excursión de Italia na que participarán os alumnos e alumnas de 4º de E.S.O e 1º de B.A.C.
Dende a ANPA agradecemos de antemán a vosa colaboración.

martes, 16 de febrero de 2016

CURSO DE FOTOGRAFÍA

Unha vez máis dirixímonos a todos/as pais e nais, coa fin de poñer en coñecemento a data de comezo do curso de fotografía organizado dende a ANPA.

Este impartirase todos os martes de 17.00 h a 18.00 h dos meses de marzo, abril e maio de 2016, dando comezo o vindeiro 1 de marzo.

O precio será de 15 euros/mes para os/as socios/as da ANPA, e de 20 euros/mes para o resto.
Sen máis asuntos que tratar, un saúdo.
A DIRECTIVA


martes, 8 de septiembre de 2015

COMUNICACIÓN CENTRO-FAMILIAS

O centro ofrece a seguinte aplicación  gratuita para as familias:

Só hai que descargala no teléfono móbil.
A aplicación permite recibir notas informativas do centro, información básica como o horario, a hora de atención a pais do profesorado, as datas de avaliación e entrega de boletíns, etc.
Tamén, se así o acorda co titor ou titora, comunicarse co titor ou titora mediante dita aplicación.